Programa de investigación "Escenarios actuais e potenciais de exposición e vulnerabilidade aos riscos naturais."

Enviado por laborate o mér, 08/04/2009 - 16:09 GMT.

Un grupo da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polo profesor Urbano Fra, levará a cabo o programa de investigación "Escenarios actuais e potenciais de exposición e vulnerabilidade aos riscos naturais. Integración da mitigación na ordenación e planificación territorial para o incremento da eficiencia."

O obxectivo deste programa de investigación é mudar a forma de abordar os riscos naturais que poñen en perigo propiedades e vidas humanas. O enfoque actual pasa pola xestión da emerxencia e alertas tempranas que permitan avisar á poboación afectada con antelación dabondo. Este programa persigue dar un novo enfoque, consistente en adoptar medidas «antes de que suceda a catástrofe», segundo declaracións do coordinador.

Así, unha da preguntas que xurden é por qué son elexidos para asentarse lugares de elevado risco, como, por exemplo, inundacións ou terremotos. O equipo de investigación traballa coa hipótese da suma de factores como o descoñecemento dos riscos, a falla de recursos, que a vinculación ó lugar xa veña de xeracións anteriores ou que o balance entre beneficios e riscos sexa favorable ós primeiros.

Un caso de falla de recursos sería o acontecido no barrio de Cerro de Reyes, en Badaxoz, cando en Novembro do 1997 unha inundación acabou coas vidas de ducias de personas que alí vivían. O daquela presidente da Junta de Extremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, declarou: «La barriada de aluvión tiene más de 47 años y la podríamos considerar como ilegal. Los ciudadanos con pocos recursos económicos iban haciendo sus viviendas de la forma que ellos consideraban más oportuna. Todas son viviendas bajas y, como en otros barrios periféricos de ciudades españolas, cada uno ponía la vivienda donde podía y no siempre cumpliendo las normas urbanísticas.»

Outro caso ben distinto sería o da urbanización Ocean View, no sureste da illa de Hawai'i, construida sobre un rift polo que circula a lava que sae do volcán Mauna Loa cando entra en erupción; semella que a paisaxe e mailas vistas compensan ós propietarios das casas o elevado risco de perda destas.

enlaces de interés:

  • http://www.udc.es/comunicacion/includes/getfichero.asp?id=7036 (páxinas 16 e 17 do documento en formato PDF)
  • Cerro de Reyes era "una trampa mortal" (inundacións no barrio de Cerro de Reyes, en Badaxoz)
español