Posta en funcionamento do Sistema de Información de Guitiriz

Enviado por laborate o lun, 27/07/2009 - 12:09 GMT.

O pasado 2 de Xullo do 2009, o Concello de Guitiriz aprobou o Documento de Aprobación Inicial do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O día 15 de Xullo sae publicado no Diario Oficial de Galicia o devandito acordo, así como o periodo de exposición pública do plan, que se extenderá durante 2 meses, esto é, a partires do 16 de Xullo e ata ó 16 de Setembro deste ano.

O LaboraTe realizou o Sistema de Información de Guitiriz (SIGui) que constitúe de por si un Sistema de Información Xeográfica (SIX) empregado na elaboración do PXOM. Nunha aposta pola mellora da difusión de información, pola trasparencia na tramitación do plan xeral e por facilitar o acceso a tódolos axentes con intereses no PXOM (veciños a título individual, asociacións veciñais e grupos sociais en xeral, as propias administracións implicadas no plan xeral...), o LaboraTe desenvolve o SIX insertado en páxina web (SIX-web) do plan xeral, que está dispoñible en Internet na dirección http://www.sigui.es/. Cómpre salientar que ó estar o SIX insertado nunha páxina web, os usuarios non precisan nada máis que un PC con conexión a Internet e un navegador (como, por exemplo, Internet Explorer), polo que non teñen que instalar ninguna aplicación adicional.

captura de pantalla do SIGui

Este SIX-web, ademáis de facilitar ós veciños a consulta do PXOM, permite o envío das súas alegacións. A esto hai que engadir que, grazas a esta ferramenta, calqueira veciño que viva lonxe do concello poderá consultar a información do PXOM sen ter que desplazarse ás oficinas municipais. Posto que, ademáis, o SIX-web está operativo as 24 horas do día, as consultas e alegacións poden facerse sen restriccións de horarios.

Para o desenvolvemento do portal, o LaboraTe fixo unha aposta firme polo software libre, debido ás vantaxes que ofrece en canto ó abaratamento de custes - non está suxeito ó pago de licencias comerciais - e de desenvolvemento, xa que está permitida a súa modificación para poda ser adaptado ás necesidades particulares de cada proxecto. Polo que respecta ó rendemento e fiabilidade, en base a traballos previos propios e alleos, tense comprobado que son dabondo para o desenvolvemento de aplicacións SIX-web de este tipo.

Este proxecto desenvolveuse grazas á colaboración de, en primeiro lugar, o Concello de Guitiriz, a empresa GAU (Gabinete de Arquitectura e Urbanismo, gau@coag.es), coa que se realiza o PXOM, e o Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade de A Coruña. Por outra banda, este proxecto realizouse dentro do marco do proxecto de investigación financiado pola Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (CICYT) e titulado "Sistema de Axuda á Decisión Espacial na Ordenación Territorial de Ámbito Local (SADE-OTAL)", que está financiado polo Ministerio de Educación.

enlaces de interés:

  • Sistema de Información de Guitiriz: http://www.sigui.es/
  • Concello de Guitiriz: http://www.concellodeguitiriz.com/
  • publicación no Diario Oficial de Galicia do Documento de Aprobación Inicial: http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5ddb441456594d47c12575f3004c391c/$FILE/13700D058P045.PDF
español