O LaboraTe participa no seminario "Economic Viability" do proxecto F:ACTS!

Enviado por laborate o lun, 31/01/2011 - 17:43 GMT.

Membros do LaboraTe tomaron parte no seminario "Economic Viability" do proxecto internacional F:ACTS! (Forms for: Adapting to Climate Change through Territorial Strategies!) organizado pola consellería de Medio Rural e que se celebrou en Santiago de Compostela durante os días 26 a 28 de Xaneiro do 2011.

Socios de oito países europeos discutiron neste seminario sobre os modos de avaliar a viabilidade económica e social dos proxectos de desenvolvemento territorial integrado, para o que contaron coa participación de diferentes expertos da administración galega, da universidade de Santiago de Compostela e maila a universidade Rey Juan Carlos. O seminario incluíu unha visita de campo á zona piloto do proxecto localizada no Monte do Carrio - nos concellos de Lalín e Vila de Cruces -, na que os socios puideron achegarse de primeira man ós problemas de fragmentación da propiedade e mistura de usos da terra característicos do rural galego.

F:ACTS! é un proxecto de INTERREG IVC no que participan 14 organizacións de 8 países europeos, entre as que se atopan a consellería de Medio Rural e a universidade de Santiago de Compostela, a través do LaboraTe. Ten como principais obxectivos a mellora das estratexias territoriais integrais na búsqueda de territorios máis resilientes fronte ao cambio climático.

enlaces relacionados con esta nova:

  • consellería de Medio Rural: Máis de 30 expertos internacionais debaten en Santiago diferentes propostas para minimizar ...
  • Europa Press: Galicia participa en el proyecto Facts de cooperación internacional contra el cambio climático (en castelán)
english español