Enviado por laborate o mar, 12/04/2011 - 11:30 GMT.
Andrés Manuel García Lamparte, investigador do LaboraTe,
defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Simulación
do crecemento urbano en Galicia mediante modelos de autómatas
celulares: aplicación no núcleo de Ribadeo" o pasado venres
8 de Abril, na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación
e Planificación do Campus de Lugo.
A tese, dirixida polos doutores Inés Santé Riveira e Rafael Crecente Maseda,
propón unha novidosa achega á simulación do crecemento urbano
por canto non centrou a súa atención nas grandes áreas urbanas,
senón nos procesos que teñen lugar en pequenas vilas. O
modelo proposto, resultado de ensaios realizados sobre a
evolución histórica do núcleo de Ribadeo
e parroquias adxacentes durante os últimos trinta anos,
mostrou unha capacidade de predición superior ós existentes
ata o momento, e resulta de grande interese para a xeración
de escenarios de crecemento urbano en Galicia.
A comisión de avaliación estivo formada polos doutores:
- Ramón Doallo Biempica, Grupo de Arquitectura de Computadores, universidade de A Coruña
- Elisabethe Silva, Dept. of Land Economy, universidade de Cambridge
- Román Rodríguez González, Depto. de Xeografía, universidade de Santiago de Compostela
- Luis Miguel Valenzuela Montes, Laboratorio de Urbanismo y Ordenación del Territorio, universidade de Granada
- Eduardo Corbelle Rico, Laboratorio do Territorio, universidade de Santiago de Compostela
Os membros da comisión valoraron positivamente a calidade
e os resultados do traballo presentado e as contribucións
feitas á área de estudio, moitas das cales foron xa publicadas
en xornais científicos de alto impacto, o que lle valeu ó
doutorando para acadar a máis alta cualificación de sobresaliente cum laude
artículos:
- "Cellular automata models for the simulation of real-world urban processes: A review and analysis." (Landscape and Urban Planning, 96, 108-122)
- "Análisis de los factores que condicionan la evolución de los usos del suelo en los pequeños asentamientos urbanos de la costa norte de Galicia." (Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 54, 57-79)
- "An analysis of the effect of the stochastic component of urban cellular automata models." (Computers Environment and Urban Systems)
- "An analysis of the evolution of small urban areas using cluster analysis and logistic regression: a case study of Ribadeo, NW Spain." (Environment and Planning B)
congresos:
- "Analysis of the factors that condition the expansion of a coastal village through celular automata simulation." (XII International Congress in Project Engineering)
- "Analysis of operational urban celular automata models." (2nd WSEAS International Conference on Urban Planning and Transportation)
- "Analysis of factors in_uencing urban growth patterns on small towns." (2nd WSEAS International Conference on Urban Planning and Transportation)
- "Analysis of the stochastic component of urban models based on cellular automata." (2nd WSEAS International Conference on Urban Planning and Transportation)
- "Análisis comparativo de modelos de autómatas celulares para la simulación del crecimiento de pequeños núcleos urbanos de Galicia (NO de España)" (VI Congreso Internacional de Ordenación del Territorio)
descargas:
- resumen tesis doctoral "Simulación del crecimiento urbano en Galicia mediante modelos de autómatas celulares: aplicación en el núcleo de Ribadeo" (en castelán) [PDF 25,1 kB]
- presentación tesis doctoral "Simulación del crecimiento urbano en Galicia mediante modelos de autómatas celulares: aplicación en el ayuntamiento de Ribadeo" (en castelán) [PDF 2,7 MB]