Alicia Cañizares, membro do LaboraTe, gaña o segundo premio na convocatoria nacional para proxectos fin de carreira de Enxeñaría Técnica en Topografía

Enviado por laborate o xov, 19/05/2011 - 18:20 GMT.

Alicia Cañizares, estudante da Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do LaboraTe, acadou o segundo premio da décima edición dos galardóns nacionais 'San Isidoro' para proxectos fin de carreira de Enxeñaría Técnica Topográfica, outorgados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía (COITT).

acto entrega premio COITT

Cañizares conseguiu o galardón competindo con traballos presentados dende centros universitarios de toda España nos que se imparte esta titulación. O proxecto da alumna da USC, dirixido por María J. Iniesto Alba - profesora de Enxeñaría Agroforestal - leva por título 'Estudo xeométrico de deformacións con apoio da tecnoloxía láser escáner. Aplicación á Muralla Romana de Lugo'. Ambas as dúas recibiron os seus recoñecementos en Madrid, durante os actos de celebración da festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón dos enxeñeiros técnicos en Topografía.

enlaces relacionados:

  • Bases del IX Premio "San Isidoro" a proyectos final de carrera de Ingeniería Técnica en Topografía (en castelán)
  • A estudante da EPS Alicia Cañizares gaña o segundo premio na convocatoria nacional para proxectos fin de carreira de Enxeñaría Técnica en Topografía (xornal da USC)
english español