Clausura do congreso sobre "As Reservas da Biosfera como Estratexia Territorial de Sostentabilidade"

Enviado por laborate o mar, 07/06/2011 - 16:37 GMT.

O pasado 4 de Xuño clausurouse o congreso sobre "As Reservas da Biosfera como Estratexia Territorial de Sostentabilidade", organizado polo Laboratorio do Territorio da universidade de Santiago de Compostela e celebrado no campus universitario de Lugo. Este congreso encádrase dentro do proxecto e + s Miño, financiado pola Fundación Biodiversidad do ministerio de Medio ambiente, Medio Rural y Marino, dentro do Programa Empleaverde

A este congreso, que tiña un dobre obxectivo académico e divulgativo, asistiron unhas 170 persoas e presentáronse 29 comunicacións e 27 pósters nas tres áreas temáticas propostas.

As reservas da biosfera son un instrumento promovido pola UNESCO de recoñecemento de hábitats ou ecosistemas de importancia cuxo obxectivo é compatibilizar a conservación da biodiversidade e mailo desenvolvemento sostible. O congreso serviu para discutir sobre o estado e desafíos ós que se enfrontan as reservas da biosfera, así como para coñecer os puntos de vista das entidades xestoras, técnicos e representantes das administracións nacional, autonómica e local.

fotografía Congreso Reservas de la Biosfera Terras do Miño fotografía Congreso Reservas de la Biosfera Terras do Miño

De entre os actos do congreso, cómpre salientar a celebración de duas mesas redondas. Nunha delas, representantes dos xestores das reservas da biosfera de Galicia presentaron as actividades que están a desenvolver e debatiron acerca delas. Na outra, representantes de varios concellos pertencentes á reserva da biosfera Terras do Miño aportaron as súas experiencias en materia de xestión dos recursos naturais dende o punto de vista municipal.

Por último, durante o congreso entregáronse os premios convocados polo proxecto e + s Miño de desenvolvemento da reserva de la biosfera Terras do Miño nas categorías de Innovación Empresarial e Xestión do Agua. O primeiro deles fue entregado á iniciativa Vida de Aldea (concello de Outeiro de Rei), un proxecto de desenvolvemento rural que pretende implicar ó consumidor na producción dos alimentos que consume sen contar coa participación de intermediarios. O segundo deles ellos foi entregado á empresa Floricultura Sande (concello de O Corgo), cuxa actividade é o cultivo de frores e que reutiliza o 98% do agua que consume gracias a un sofisticado sistema de cultivo hidropónico.

ligazóns relacionadas:

  • xornal da USC: O Congreso sobre as Reservas da Biosfera como estratexia territorial...
  • El Progreso de Lugo: Naturaleza que genera valor (en castelán)
english español