O LaboraTe participa no seminario "2nd International Workshop on Land Consolidation and Land Banking"

Enviado por laborate o mér, 15/06/2011 - 13:32 GMT.

O LaboraTe vén de tomar parte no 2nd International Workshop on Land Consolidation and Land Banking, celebrado en Budapest (Hungría) do 6 ó 9 de Xuño de 2011.

Este evento, organizado pola rede internacional Farland, e auspiciado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO) e o Servizo de Xestión da Auga e o Territorio do goberno de Holanda (DLG) , reuniu a expertos en xestión de terras procedentes de 23 países para debatir sobre métodos de valoración de terras e sobre políticas e medidas para facer fronte ó abandono da agricultura e da terra.

fotografía Congreso Reservas de la Biosfera Terras do Miño

descargas

  • "How to define, monitor and deal with land abandonment. The Galician experience." [formato PDF; ~6,7 MB]
english español