Próxima apertura do prazo de matrícula para o máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio

Enviado por laborate o ven, 08/07/2011 - 18:23 GMT.

O vindeiro 15 de Xullo ábrese o prazo de matriculación para o máster universitario en Xestión Sostible da Tierra e o Territorio. A data de peche é o 9 de Setembro para os estudantes do sistema educativo español e o 31 de Agosto para os restantes.

O obxectivo do máster é formar a profesionais que teñan unha visión integral da planificación, xestión e desenvolvemente sostibles da terra o territorio. O master foi impartido por primeira vez no curso académico 2010/2011 e contou coa participación docente de profesores de universidades alleas á USC como Harvey Jacobs (universidade de Wisconsin-Madison, Estados Unidos) ou Per Kåre Sky (universidade de Bergen, Noruega). Cómpre tamén salientar que a cuarta parte dos alunos matriculados no máster era de fora de España.

Trátase dunha titulación oficial e adaptada ás esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior. Entre as materias impartidas están xeomática, ordenación do territorio, políticas de desenvolvemento rural, valoración de terras, negociación e resolución de conflitos ou planificación urbana.

Por último, os estudiantes poden optar a becas e préstamos con xuros preferentes concedidos por organismos oficiais e fundacións privadas sen ánimo de lucro.

english español