O LaboraTe participa no II Seminario Internacional Brasil España Portugal

Enviado por laborate o lun, 22/08/2011 - 11:44 GMT.

O LaboraTe participará no II Seminario Internacional Brasil España Portugal (II SIBEP), que se celebrará os vindeiros días 10 y 11 de Novembro en Viçosa (Brasil). O obxectivo deste evento é que estudantes e investigadores das ciencias agrarias e sociais debatan, de forma organizada e cun enfoque multidisciplinar, acerca de experiencias e proxectos de investigación centrados no desenvolvemento rural, a organización territorial e o desenvolvemento sustentable.

O tema central da presente edición será o desenvolvemento rural dende os puntos de vista da sustentabilidade e a ordenación do territorio. A Universidad Federal de Viçosa (UFV) é anfitriona do evento que, ademáis, contará tamén coa participación do Instituto Politécnico de Bragança (Portugal).

O II SIBEP está estructurado en cuatro grandes liñas temáticas, que organizan a abordaxe do tema central del Seminario:

  • Os Sistemas de Información Xeográfica como ferramentas para o planeamento territorial.
  • Riscos e incertenzas do desenvolvemento rural.
  • Sustentabilidade ambiental e Xeomática: principios e aplicacións.
  • Planeamento territorial e desenvolvemento rural.

O Seminario contará coa participación de especialistas de sona internacional tanto da UFV como de España e Portugal, e a de investigadores en xeral cuxos traballos teñan sido seleccionados, sendo a data límite de envío dos resumos destes o 9 de Septembro de 2011.

ligazóns relacionadas:

  • II SIBEP: Programación do evento (en portugués)
  • II SIBEP: Normas de envío de papers y pósters (en portugués)
english español