José Manuel Silva Rodríguez: "A clave de bóveda para ordenar o futuro do rural é ordenar o terreno"

Enviado por laborate o xov, 15/09/2011 - 13:41 GMT.

Xosé Manuel Silva Rodríguez, director xeral de Agricultura da Unión Europa, concedeu unha entrevista ó suplemento Mercados do xornal La Voz de Galicia, na que falou, entre outros, das repercusións no rural galego da ordenación do territorio e da próxima reforma da Política Agraria Común (PAC). Escolmamos a continuación algunhas das declaracións que se poden ler na entrevista, publicada o pasado 4 de Setembro.

Acerca da PAC: "Haberá cambios substanciais, e non estou só a falar da fin da cuotas lácteas, seica o asunto que mais interés suscita en Galicia. [...] O cambio ou xiro fundamental, sen duda, será poñer a sustentablidade, con todo o que comporta, no eixo da PAC. E iso significa que haberá que acometer de forma práctica cuestións que en demasiadas ocasións foron esquencidas, en Galicia e noutras rexións, como por exemplo a ordenación do territorio; é decir, favorecer o uso da natureza máis racional e rendible que sexa posible."

Un exemplo acerca das consecuencias negativas do déficit de ordenación do territorio: "Tomemos o caso dos gandeiros. Dun tempo acá as explotacións galegas cobran o kilo de leite uns céntimos por debaixo que o seus competidores de outras rexións europeas. [...] cando o prezo dos pensos era relativamente baixo a alimentación das vacas era posible sen apenas recorrer ós pastos, ata o extremo de prescindir deles, e moitos gandeiros aumentaron o número de cabezas sen que iso esixise incrementar a superficie de pasto dispoñible. Hoxe, coa suba dos pensos [...] os gandeiros [...] que teñen superficies de pasto foron quen de afrontar mellor as cíclicas e inevitabeis variacións dos prezos. Que se teñan abandonado pastos non explica totalmente a situación económica de moitos gandeiros galegos, pero ilustra con claridade e permite decatarse para qué sirve unha axeitada ordenación do territorio."

Posibles solucións á falta de ordenación do territorio: "No caso de Galicia, para facer fronte a esa escasez de pasto ou para afrontar unha explotación máis racional da súa enorme riqueza forestal conviría acometer reformas xurídicas e, ademais de cuestións referidas á propiedade, poderíanse habilitar normas de arrendamento que facilitasen o uso das numerosas fincas abandonadas, entre as que abundan as adicadas a pasto, ou o intercambio de terras, ou avanzar con éxito na que semella inacabábel concentración parcelaria, entre outros aspectos e fórmulas."

english español