Acto de apertura do máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio: conferencia de Domingo Gómez Orea

Enviado por laborate o lun, 19/09/2011 - 14:26 GMT.

O vindeiro venres 23 de Setembro celebrarase o acto de apertura de curso do máster en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio, que terá lugar no salón de actos de la Escola Politécnica Superior e comezará ás 17h. A entrada é libre.

No transcurso do acto, Domingo Gómez Orea impartirá a conferencia inaugural "A ordenación do territorio como marco: a paisaxe como novo paradigma de calidade de vida". Tamén participarán Juan José Casares Long, rector da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Bueno Lema, directora da Escola Politécnica Superior, Elvira López Mosquera, directora do IBADER e Rafael Crecente Maseda, coordinador do máster.

Domingo Gómez Orea é doutor enxeñeiro agrónomo e catedrático de Medio Ambiente e Ordenación Territorial da universidade Politécnica de Madrid. As aportacións á súa especialidade abarcan máis de 30 libros, 50 artículos técnicos e científicos, 60 ponencias a congresos ou a dirección de 11 proxectos de investigación nacionais.

english español