Conferencia de Silva Rodríguez: "As perspectivas financieiras da reforma da Política Agraria Común"

Enviado por laborate o xov, 13/10/2011 - 12:18 GMT.

O vindeiro venres 14 de Outubro, José Manuel Silva Rodríguez dará a conferencia "As perspectivas financieiras da reforma da Política Agraria Común". Esta conferencia forma parte do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio impartido pola Universidade de Santiago de Compostela.

José Manuel Silva Rodríguez é director xeral de Agricultura da Unión Europa e nunha entrevista concedida hai unhas semanas declarou acerca da nova Política Agraria Común (PAC): "Haberá cambios substanciais, e non estou só a falar da fin da cuotas lácteas, seica o asunto que mais interés suscita en Galicia. [...] O cambio ou xiro fundamental, sen duda, será poñer a sustentablidade, con todo o que comporta, no eixo da PAC. E iso significa que haberá que acometer de forma práctica cuestións que en demasiadas ocasións foron esquencidas, en Galicia e noutras rexións, como por exemplo a ordenación do territorio; é decir, favorecer o uso da natureza máis racional e rendible que sexa posible.".

Por outra banda, esta reforma da PAC non é do gusto de tódolos axentes; por exemplo, Rosa Aguilar, ministra de Medio Ambiente do goberno de España, calificouna de "manifiesto desastre".

A conferencia terá lugar ás 17h no salón de actos da Escola Politécnica Superior (campus de Lugo), estando a asistencia aberta ó público en xeral.

ligazóns relacionadas:

  • comunidado de prensa: La Comisión Europea propone una nueva asociación entre Europa y los agricultores (en castelán)
  • Proposal for a regulation of the European Parliament and of the Council establishing rules for direct payments to farmers under support schemes within the framework of the common agricultural policy (en inglés)
  • Proposal for a regulation of the European Parliament and of the Council on support for rural development by the European Agricultural Fund for Rural Development (EAFRD) (en inglés)
english español