O LaboraTe participa no 7º congreso de Cidades e Territorios Virtuais con dúas comunicacións.

Enviado por laborate o xov, 20/10/2011 - 19:40 GMT.

Do 11 ó 13 de Outubro, os investigadores Vasco André Barbosa e Andrés García Lamparte participaron coas comunicacións tituladas "A evolución da lei do solo en espazo de núcleos rurais da Galiza, España" e "Análise da evolución de pequenas áreas urbanas utilizando análise cluster e regresións loxísticas" na sétima edición do Congreso de Cidades e Territorios Virtuais, que foi celebrado en Lisboa (Portugal).

Este congreso vense celebrando dende o ano 2005 e serve de foro para tratar temas relacionados co uso das novas tecnoloxías na arquitectura, o urbanismo e o planeamento. A edición deste ano tivo lugar na Universidade Nova de Lisboa e foi organizado polo Centro de Investigación en Xeografía e Planeamento Rexional desta universidade en conxunto co Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade de Coimbra.

Á presente edición asistiron 170 participantes de 30 nacionalidades diferentes e contou coa intervención de importantes conferenciantes como Michael Batty, director do Center For Advanced Spatial Analysis do University College de Londres ou Joseph Ferreira do Departamento de Estudos Urbanos e Planeamento do Massachusetts Institute of Technology, entre outros.

english español