O LaboraTe participa no proxecto "Support for preparation of a National Land Consolidation Strategy and a Land Consolidation Pilot Project"

Enviado por laborate o lun, 31/10/2011 - 14:08 GMT.

Persoal do LaboraTe participou durante os días 10 a 14 de Outubro de 2011 na cuarta misión do proxecto "Support for preparation of a National Land Consolidation Strategy and a Land Consolidation Pilot Project (TCP/ALB/3301)" en Albania, por invitación da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO).

A situación da propiedade en Albania caracterízase por unha elevada fragmentación derivada dos procesos de redistribución da terra realizados no país despois da desaparición do sistema socialista a inicios da década de 1990. A participación como consultores en temas de concentración parcelaria e bancos de terras tivo como obxectivo contribuír a explorar as posibilidades dos sistemas de información xeográfica na web e os sistemas de axuda á decisión para o marco máis xeral dos proxectos de concentración parcelaria e eventual aprobación dunha Estratexia Nacional de Concentración Parcelaria naquel país.

Support for preparation of a National Land Consolidation Strategy and a Land Consolidation Pilot Project (TCP/ALB/3301)
english español