O LaboraTe impartirá o curso 'Xestión da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)'

Enviado por laborate o mar, 15/11/2011 - 20:13 GMT.

O vindeiro 21 de Novembro comezarán as clases do curso 'Xestión da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)', que será impartido por investigadores do LaboraTe, co apoio do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC e a Excma. Deputación Provincial de Lugo.

A Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais (EIEL) é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica das entidades locais co estado. Está elaborada polas deputacións provinciais segundo unha metodoloxía común dada polo Ministerio de Política Territorial (MPT). A EIEL está regulada a nivel estatal nos R.D. 835/2003, do 27 de Xuño, e na APU/293/2006, do 31 de Xaneiro.

Os destinatinarios deste curso son os responsables da xestión das infraestruturas e equipamentos tanto dos concellos da provincia de Lugo como da deputación provincial. Os principais obxectivos do curso, na súa maioría práctico, son a difusión da EIEL e facilitar a xestión da información e a prestación de servizos por parte das administracións locais mediante o uso de Sistemas de Información Xeográfica.

Respecto ós contidos do curso, este principiará cunha introducción teórica na que se presentarán os Sistemas de Información Xeográfica e o modelo de datos empregado pola EIEL.

Os contidos de prácticos consistirán en exercicios coa aplicación informática gvSIG, ferramenta que coidamos que é moi axeitada para dotar ós concellos de tecnoloxías SIX debido ó seu rico conxunto de funcionalidades, a súa licencia de código aberto e o seu reducido custe (non hai que pagar licencias), e máis neste entorno de crise económica. Partindo dos datos xeográficos da EIEL da provincia de Lugo, os alumnos adquirirán habilidades como:

  • Cálculo de distancias a infraestruturas.
  • Cálculo da densidade de alumeado público.
  • Determinación dos límites das entidades singulares de poboación segundo os criterios do Instituto Nacional de Estatística.
  • Ubicación de infraestruturas e equipamentos: depósitos, depuradoras, centros sanitarios, centros de ensino...
  • Conexión a outras fontes de información, como servizos Web Map Service.

Para obter o Certificado de Aproveitamento, os asistentes ó curso deberán aprobar un examen de carácter voluntario.

O lugar, datas e horarios de impartición previstas para este curso son os seguintes:

  • Lugar: aula do edificio Cactus, campus universitario de Lugo, rúa do médico Bernardino Pardo Ouro, s/n.
  • Datas: do 21 de Novembro ó 2 de Decembro de 2011.
  • Horario: de 17h a 21h.

ligazóns relacionadas:

  • anuncio do curso no BOP de Lugo
español