Manuel Borobio impartiu a conferencia "O plan do litoral e a nova estratexia da paisaxe"

Enviado por laborate o dom, 25/12/2011 - 17:21 GMT.

O pasado 20 de Decembro Manuel Borobio Sanchiz, máximo responsable da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, impartiu no campus de Lugo a conferencia "O plan do litoral e a nova estratexia da paisaxe", no marco do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT).

Na súa intervención explicou o proceso de redacción do Plan de Ordenación do Litoral (POL) e incidiu sobre a metodoloxía utilizada na redacción deste documento, particularmente nos criterios usados para delimitar a área litoral galega. A paisaxe, os compoñentes xeolóxico e xeomorfolóxico, así como os procesos bióticos costeiros foron elementos clave á hora de delimitar, aínda que tamén sinalou que o obxectivo do POL era integrar a parte natural (a biótica) coa parte humana (antrópica), é dicir, tratar de lograr que usos e actividades humanas estivesen en equilibrio.

Por último, fixo unha valoración inicial do POL, tras un ano en vixencia, indicando como as súas 10 determinacións influíron no planeamento municipal e en políticas sectoriais como a acuícola. A súa intervención terminou cun debate cos alumnos do máster, onde se reflexionou sobre a ordenación do territorio en Galicia, o función do futuro Instituto de Estudos do Territorio e a nova estratexia da Paisaxe para Galicia como unha extensión da metodoloxía utilizada no POL.

ligazóns relacionadas:

  • xornal da USC: "O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe explicou na EPS o proceso de redacción do Plan do Litoral"
  • nota de prensa da Xunta de Galicia: "O Instituto de Estudos do Territorio nacerá en 2012 como unha ferramenta ..."
english español