O LaboraTe participa no seminario "Integrated Planning for Multifunctional Land Use"

Enviado por laborate o mér, 01/02/2012 - 11:24 GMT.

O proxecto F:ACTS! (Forms for Adapting to Climate Change through Territorial Strategies!) celebra dende o 30 de Xaneiro ata o 2 de Febreiro o seminario internacional Integrated Planning for Multifunctional Land Use. No seminario, que se celebra en Vilna (Lituania) e conta coa participación de delegacións de 6 países europeos, abórdase o concepto dos plans de xestión de terras integrada.

Dous membros do LaboraTe, que coordina unha das compoñentes do proxecto, participan neste evento, onde se discuten como aspectos clave deste enfoque a importancia da mellora e innovación da gobernanza, a consideración central da participación dos diferentes axentes e a búsqueda do carácter multifuncional do territorio a través da actuación nas estruturas fundiarias e de uso da terra (xestión de terras) en coordinación con outras accións de desenvolvemento rural.

english español