O LaboraTe participa no 6ª Congreso de Planificación, Lei e Dereitos de Propiedade cunha comunicación

Enviado por laborate o lun, 13/02/2012 - 13:36 GMT.

José María Tubío, estudante de doutorado do LaboraTe, presentou parte do seu traballo de doutoramento no 6ª Congreso de Planificación, Lei e Dereitos de Propiedade, celebrado do 7 ó 10 de Febreiro en Belfast (Irlanda do Norte). O tema do artigo foi "Dereitos, responsabilidades e equidade en planificación de usos de solo".

Os coautores do artigo presentando son Rafael Crecente (director da tese) e Edwin Buitelaar (investigador na Netherlands Environmental Assessment Agency, de Holanda). O artigo compara a grado de institucionalización da planificación de usos de solo en Galicia e en Holanda, así como as razóns que levaron a aprobar as leis de solo galega (2002) e holandesa (2008).

ligazóns relacionadas:

  • Planning, Law and Property Rights Association
  • libro de abstracts da 6ª Conferencia de Planificación, Lei e Dereitos de Propiedade [PDF, ~2,2 MB; en inglés]
english español