Xuntanza do LaboraTe e a FAO

Enviado por laborate o ven, 17/02/2012 - 20:23 GMT.

O profesor Rafael Crecente Maseda, como director do LaboraTe e coordinador do Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio (MTT), vense de reunir con Fernanda Guerrieri, coordinadora subrexional da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO) para Europa central e oriental e representante rexional adxunta para Europa e Asia Central. A xuntanza enmárcase na colaboración que dende o ano 2008 mantén a USC a través do LaboraTe coa FAO en materia de xestión de terras.

Fernanda Guerrieri, FAO

Nesta xuntanza abordáronse temas de interese mutuo, e especialmente a búsqueda da innovación nos modelos de gobernanza da terra en situacións de elevada fragmentación. Nese sentido, a FAO reafirma a súa vontade de continuar a traballar nesa liña e amosou o seu interese en colaborar na difusión das actividades de investigación, desenvolvemento e transferencia que nese eido está a levar a cabo o LaboraTe.

english español