Conferencia de Silva Rodríguez: "A nova Política Agraria Común como oportunidade para a xestión de terras"

Enviado por laborate o mér, 22/02/2012 - 21:59 GMT.

O pasado 17 de Febreiro, no marco do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT), José Manuel Silva Rodríguez, director xeral de agricultura da Unión Europea, impartiu a conferencia "A nova Política Agraria Común como oportunidade para a xestión de terras".

Fernanda Guerrieri, FAO

Nesta ocasión Silva Rodríguez centrou a súa conferencia nas oportunidades para a ordenación do territorio que a nova Política Agraria Común (PAC), que entrará en vigor no ano 2014, pode traer a Galicia. Estas oportunidades non se poden perder xa que «Se non se fai agora vai ser difícil facelo, xa que cada vez hai unha maior esixencia na ordenación do territorio».

Un dos grandes problemas que hai é a existencia dun gran número de parcelas sen uso, cuxos propietarios en moitos casos non viven en Galicia e que, ademais, non teñen intención de vender ou alugar - mália a existencia de iniciativas como o Banco de Terras de Galicia - a agricultores e gandeiros que si precisan delas. Silva Rodríguez reclamou que se tomasen medidas legais que poñan fin a esta situación: «Os poderes públicos non poden obrigar a ninguén a arrendar as súas terras, pero si poden impoñer un imposto por non facelo».

Silva Rodríguez dixo que Galicia precisa de explotacións gandeiras máis sostibles para fomentar unha alimentación máis natural do gando, e estar en mellores condicións de facer fronte ós problemas de seguridade alimentaria, que calificou de «terribles», que por riba é «máis agudo que antes, pola dependencia das materia primas». «Os nosos pastos deberían conseguir unha maior productividade, dadas as condicións climáticas, e producir máis pastos de calidade.»

Nese senso tamén indicou que a nova PAC será tamén unha oportunidade para a comunidade universitaria, xa que precisará de investigación aplicada á xestión de terras, estudos sobre aspectos sociais, análise da propiedade privada, programas medioambientais... cuestións que en moitos casos condicionan a dinámica da mobilidade de terras en Galicia.

A conferencia rematou cunha rolda de preguntas aberta, na que os estudantes do máster MTT e xente interesada en xeral amosaron os seus puntos de vista.

ligazóns relacionadas:

  • entrevista a Silva Rodríguez en La Voz de Galicia: «La producción láctea gallega es mejorable»
  • La Voz de Galicia: ¿Alquileres para cultivar o para justificar?
  • La Voz de Galicia: La Xunta dice que solo el 0,75 % de las fincas inscritas para la PAC están lejos de Galicia
  • La Voz de Galicia: Pastos amarillos que apenas dan para alimentar a cien vacas
  • La Voz de Galicia: «A seca custa 2.600 euros ao mes»
  • El Progreso de Lugo: Los regantes temen que la sequía arruine pastos y huertos en verano
  • La Voz de Galicia (Maio 2011): «Temos que levar a universidade ao campo»
english español