Os estudiantes do máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio visitan unha explotación gandeira

Enviado por laborate o mér, 29/02/2012 - 23:50 GMT.

Os estudiantes do máster en Xestion Sostible da Terra e do Territorio (MTT) visitaron o pasado 27 de Febreiro a 'Casa de Vázquez', unha explotación gandeira ubicada no concello de Láncara, provincia de Lugo.

Casa de Vázquez, Láncara

O obxectivo desta visita era coñecer na práctica o funcionamento e problemas ós que se ten que enfrontar unha explotación gandeira tradicional, e os seus proxectos de futuro, entre os que están a creación dun museo de maquinaria agrícola clásica. Houbo unha charla sobre a historia e o presente da explotación, seguida dun debate acerca da viabilidade e posibilidades de futuro deste tipo de explotacións.

O máster MTT, que imparte a USC, busca formar a profesionais na planificación de usos do solo, que deben estar familiarizados «coa teoría e práctica dos procesos de avaliación e planificación, de análise de datos e información, nunha serie de contextos diversos no sector público, a empresa e a investigación académica.» Mália que a maior parte dos estudiantes do máster MTT son titulados universitarios en materias relacionadas co sector agroforestal, hai titulados en Informática, Topografía, Obras Públicas ou Bioloxía, o que garante unha aproximación multidisciplinar á temática central, que é a terra como factor e condicionante do desenvolvemento do territorio.

Casa de Vázquez, Láncara

ligazóns e descargas relacionadas:

  • El Progreso de Lugo: Una explotación de Láncara sirve de ejemplo para alumnos de la USC (en castelán)
  • revista AgroTécnica: "Máster a pie de campo" (en castelán) [PDF; ~111 kB]
english español