IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Enviado por laborate o ven, 09/03/2012 - 13:18 GMT.

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da universidade de Vigo organiza o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, que se celebrará do 21 ó 23 de Xuño en Vigo. Este congreso é unha das accións da rede Revolta, da que o GIEEA é parte.

cartel IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

O obxectivo deste congreso é compartir experiencias agroecolóxicas innovadoras que se estén a desenvolver en cualqueira parte do mundo, cuxa posta en marcha é «unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións». Estes novos modos de produción procuran, entre outros, a dinamización do medio rural e maila súa sustentabilidade.

O congreso está estruturado a redor das tres dimensións da agroecoloxía: técnico-produtiva, política e sociocultural:

  • A dimensión técnico-produtiva céntrase na análise de innovacións agroecolóxicas nos ámbitos vencellados ós manexos agrogandeiros, aproveitamento de montes e recursos fitoxenéticos.
  • A dimensión política céntrase na análise dos aspectos normativos, a súas distintas manifestación na cadea agroalimentaria, así como na construcción de alternativas e respostas políticas dende a sociedade civil.
  • A dimensión sociocultural céntrase no estudo dos valores e cosmovisións e o coñecemento tradicional do campesiño.

ligazóns de interese:

  • Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da universidade de Vigo
  • rede de agroecoloxía Revolta
english español