O profesor Ramón Villares impartiu o seminario "Posesión da terra e xestión do territorio: Unha perspectiva histórica"

Enviado por laborate o xov, 15/03/2012 - 20:08 GMT.

O profesor Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea da USC, impartiu o pasado 6 de Marzo o seminario "Posesión da terra e xestión do territorio: Unha perspectiva histórica", abordando dende unha perspectiva histórica as institucións de propiedade en Galicia e a súa relación coas dinámicas sociais e a xestión do espazo. Ramón Villares obtivo en 1980 o seu título doutor en Historia coa tese "La evolución de las estructuras agrarias en la provincia de Lugo. Propiedad y rentas de la tierra."

Este seminario é parte do máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT).

Ramón Villares, seminario 'Posesión da terra e xestión do territorio: Unha perspectiva histórica' (0)

Nun repaso da historia dos últimos 8 séculos, o profesor Villares identificou diversos procesos de cambio nesas relacións de propiedade que, paradóxicamente, mantiveron certa estabilidade no sistema agrario tradicional, que se mostraba armónico e coherente.

Ramón Villares, seminario 'Posesión da terra e xestión do territorio: Unha perspectiva histórica' (1)

Non obstante a partires, sobre todo, da década dos 60 os cambios téñense acelerado, e a xestión tradicional da propiedade desapareceu. Para o profesor Villares o reto agora pasa por atopar unha alternativa nas relacións e institucións de propiedade adaptada ó século XXI que permita voltar a xestionar o territorio galego.

english español