A planificación dos usos do solo é unha tarefa complexa.
Debe tentar reconciliar múltiples intereses en conflicto
dun modo racional, xustificable e reproducible. Ademais
de entrar a valorar a asignación do uso do suelo respecto
a súa afinidade, debe considerar factores como a continuidade
entre unidades e a compacidade dos conxuntos así creados.
O LaboraTe creou un sistema software para a planificación
do solo de uso rural que lle sirva de guía ó planificador
en todo o proceso. Este sistema é innovador porque tres
etapas básicas do proceso de planificación tense integrado
nunha única ferramenta permitindo que o resultado final
sexa refinado e mellorado en cada etapa independiente: a
avaliacion da aptitude do solo para cada uso, a optimización
das áreas destinadas a cada un deles e a localización espacial
das mesmas. O obxectivo de OpenRULES (RUral-Land use Exploration System)
é a automatización dos procesos precisos para o deseño de
plans de uso do solo, de acordo ás preferencias e experiencia
do planificador, de modo que o sistema xenere o escenario
óptimo de uso do solo para as condicións especificadas.
Manual:
Software