O Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio aborda a cuestión da Custodia do Territorio

Enviado por laborate o lun, 07/05/2012 - 14:23 GMT.

Óscar Rivas, secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), vén de participar no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT) no que abordou o concepto, as estratexias e situación actual da Custodia do Territorio (CT) tanto en Galicia como no resto de España.

A AGCT é unha organización sen ánimo de lucro cuxo fin é a conservación dos valores naturais, e paisaxísticos do territorio galego. Recentemente ten participado, xunto con outras asociacións, nun proxecto de recuperación e mellora do bosque autóctono na comarca dos Ancares lucenses.

Óscar Rivas, Custodia do Territorio, Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT)

A CT plantéxase como un instrumento para a conservación da natureza e a paisaxe que promove a participación dos propietarios dos terreos, a sociedade civil, a cidadanía e a empresa privada. Óscar Rivas salientou que a CT ten un carácter complementario, e non substitutivo, doutras iniciativas e políticas públicas que buscan preservar a biodiversidade e maila paisaxe. Fixo fincapé, ademais, na importancia que os sistemas agrarios poden ter para a CT.

A participación de Óscar Rivas no curso de Instrumentos de Xestión de Terras é unha das actividades de colaboración existentes entre o MTT e a AGCT, que perseguen fortalecelas no medio e longo prazo conscientes das sinerxias positivas que redundarán no impulso dunha xestión máis sostible do territorio.

ligazóns relacionadas:

  • La Voz de Galicia: "Asociacións, empresas e veciños se alían para recuperar bosques ancareses"
english español