Reunión do LaboraTe e a Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea

Enviado por laborate o mér, 13/06/2012 - 09:58 GMT.

O pasado luns 11 de Xuño dous profesores do LaboraTe, Francisco José Ónega e mailo seu director, Rafael Crecente , asistiron en Bruxelas (Bélxica) a unha xuntanza de traballo na sede da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea.

foto reunión

Por parte desta institución participaron o seu director xeral, José Manuel Silva Rodríguez - que é tamén profesor no masterterra, o máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio impartido pola USC -, Paolo Poinelli, asistente do diector xeral, Pierre Bascou, xefe da Unidade de Análise da Política Agrícola e Perspectiva e Efthimios Bokias, xefe de unidade adxunto para España e Portugal. A reunión contou tamén coa participación de Frank van Holst, responsable de cooperación internacional para a rexión noroeste do Servizo de Xestión da Auga e o Territorio do goberno de Holanda (DLG) e xestor das redes Farland e LandNet.

O principal obxectivo do encontro, que se desenvolveu durante mais de dúas horas, foi o de abordar as cuestións de propiedade e uso da terra no marco da Politica Agrícola Común (PAC) da Unión Europea e o desenvolvemento rural. Analizáronse as relacións e a influencia mutua existentes entre as politicas agrarias clásicas da UE e a situación e dinámicas das estruturas fundiarias. A finalidade última é atopar sinerxias entre as accións a nivel europeo e as estratexias e instrumentos nos niveis local e rexional, coa visión integradora que caracteriza ó masterterra, foro no que Silva Rodriguez abordou estes aspectos durante o curso académico 2011-2012.

Un dos retos de moitas rexións europeas segue a ser o de atopar as vías axeitadas para a adaptación das estruturas de propiedade e uso da terra ós desafíos socioeconómicos e ambientáis que plantexarán a futura PAC e a Estratexia Europa 2020. Eso precisará, en palabras do propio Silva Rodríguez, das sinerxías entre as políticas europeas e as nacionais/rexionais que coordinen e fortalezan ámbolos dous enfoques.

Esta xuntanza foi a primeira dunha serie de actividades conxuntas nesta temática.

english español