O LaboraTe participa nun taller de planificación territorial no entorno do Monte do Carrio

Enviado por laborate o xov, 28/06/2012 - 13:59 GMT.

O LaboraTe vén de facilitar, durante a xornada do 15 de Xuño de 2012, un taller de planificación territorial con diferentes persoas do sector agroforestal do entorno do Monte do Carrio, ubicado nos municipios de Lalín e Vila de Cruces.

taller planificación Monte Carrio, foto 0

O taller é unha das actividades enmarcadas na acción piloto do Monte do Carrio, no marco do proxecto internacional F:ACTS!, e tivo como obxectivo identificar as potencialidades produtivas dende un punto de vista agroforestal para este lugar e mailo seu entorno. Ademais, analizáronse as principais limitacións que, na opinión dos participantes, están a frenar a valorización integral dos numerosos recursos territoriais.

taller planificación Monte Carrio, foto 1

O taller buscaba tamén innovar nos enfoques e métodos de participación dos diferentes colectivos e persoas nos procesos de planificación clásicos. Ademais deste taller, tense celebrado outro a finais do ano 2011 con representantes de diferentes departamentos da consellería do Medio Rural, e está previsto a organización de máis talleres con representantes doutros sectores.

english español