Enviado por laborate o xov, 05/07/2012 - 10:19 GMT.
Fabián Reyes Bueno vén de realizar, o pasado luns 2 de Xullo,
a defensa da súa tese de doutoramento, titulada "Valoración
de tierras en Vilcabamba (Ecuador). Diseño de un modelo
de valoración catastral rural." na sala de xuntas da Escola
Politécnica Superior de Lugo.
A tese defendida, dirixida polos doutores Rafael Crecente
Maseda e David Miranda Barrós, analizou o estado da información
catastral en Ecuador, así como a percepción dos residentes
locais sobre que factores inflúen no valor das parcelas
rústicas, e contrastou esta última cunha mostra de parcelas
obxecto de compra-venda durante os últimos anos. Finalmente,
o traballo inclúe o axuste dun conxunto de modelos estatísticos
de valoración empregando diferentes métodos, entre os que
propón como máis axeitado o uso de árbores de regresión.
O tribunal estivo formado por
- presidente: Dr. Domingo Gómez Orea, catedrático de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, Universidade Politécnica de Madrid
- vocal 1: Dr. Edelmiro López Iglesias, departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela
- vocal 2: Dra. María Amalia Velasco Martín-Varés, coordinadora de Relacións Internacionais, Dirección Xeral del Catastro
- vocal 3: Dr. Manuel Gonzalo Alcázar Molina, departamento de Enxeñería Cartográfica, Universidade de Jaén
- secretaria: Dra. Inés Santé Riveira, departamento de Enxeñería Agroforestal, Universidade de Santiago de Compostela
Esta tese doutoral insírese na traxectoria de colaboración
entre o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago
de Compostela, e o Centro Integrado de Geomática Ambiental
(CINFA) da Universidad Nacional de Loja
(Ecuador). Outros resultados desta colaboración inclúen
a capacitación de técnicos do CINFA no Máster en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio
da USC, ou o proxecto conxunto Ecuador Territorio Intelixente
(Ecuidit) recentemente posto en marcha.
descargas:
- presentación tese doutoral "Valoración de tierras en Vilcabamba (Ecuador). Diseño de un modelo de valoración catastral rural." (en castelán) [PDF; ~13,5 MB]