O LaboraTe participa cunha ponencia no 25 congreso da Asociación Europea de Escolas de Planificación

Enviado por laborate o mar, 14/08/2012 - 18:42 GMT.

O LaboraTe vén de participar cunha ponencia no congreso da Asociación Europea de Escolas de Planificación (AESOP) que se celebrou en Ankara (Turquía) do 11 ó 15 de Xullo.

25th AESOP conference

A comunicación presentada trata de entender por qué en Galicia hai un número moi reducido de municipios que teñen adoptado a lei Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, mentras que unha maioría ou non o fixeron ou no ano 2012 están aínda en proceso.

Ata a década dos 60 do pasado século, Galicia era unha rexión maioritariamente rural. Unha das consecuencias que tivo o crecemento económico que empezou a experimentar Galicia naqueles anos foi unha emigración masiva do campo á cidade. Pola contra, na década dos 90 prodúxose un fenómeno de contra-urbanización. O resultado final son numerosos espazos de carácter "rururbano", caracterizados por ter inicialmente usos de natureza rural e por simultanear na actualidade estes usos xunto con outros moi diferentes, como residenciais ou industriais.

Co fin de frenar este desorde aprobouse no ano 2002 a devandita lei de ordenación urbanística, cuxo cumplimento por parte dos municipios, mália ter pasado preto de 10 anos, dista moito de ser maioritario: só 30 municipios galegos teñen aprobado un plan de ordenación urbanística, mentras que 222 están aínda en proceso e 18 non teñen iniciado os trámites necesarios.

A comparación entre a situación de diversos municipios tendo en conta variables como densidade de población, número de permisos de construcción, porcentaxe de poboación adicada actividades agroforestais ou prezos da terra non explica por qué hai municipios de natureza semellante que teñen adoptado decisións distintas respecto a cumprir esta lei. Con todo, pódense chegar a algunhas conclusións. Entre os motivos que levaron a algúns municipios ter un plan de ordenación están facilitar o crecemento urbanístico ou atraer industrias a establecerse no seu territorio. Por outra banda, entre os motivos que levan a unha maioría de municipios a non ter un plan de ordenación están os conflictos derivados dos distintos usos do solo ou a creenza de que ter un plan non vai a solucionar ningún dos problemas existentes.

Por último, cómpre salientar que celebrouse tamén o 25 aniversario do primeiro congreso da AESOP, sinalando gran parte dos conferenciantes invitados que hai unha necesidade de planificación nun mundo cada vez máis incerto.

ligazóns e descargas:

  • páxina web do congreso: http://www.arber.com.tr/aesop2012.org/
  • presentación "Aversion and attachment to rules. An institutional approach to understanding why localities adopt (or reject) land-use planning." (en inglés) [PDF; ~2,1 MB]
english español