Enviado por laborate o lun, 15/10/2012 - 19:33 GMT.
O proxecto F:ACTS! organiza a conferencia "Multifunctional
land management for climate change adaptation", que se celebrará
os días 24 e 25 de Outubro en Santiago de Compostela.
A consellería do Medio Rural e do Mar
da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela,
a través do Laboratorio del Territorio, en colaboración
con outras organizacións europeas, organizará os próximos
24 e 25 de Outubro unhas xornadas sobre a adaptación do
territorio ós efectos do cambio climático.
Estas xornadas celébranse ó abeiro do proxecto F:ACTS! (
Forms for: Adapting to Climate Change through Territorial Strategies),
do que ambas entidades son socias.
F:ACTS! é un proxecto de cooperación internacional no que
participan 11 institucións de 8 países europeos e que trata
sobre o desenvolvemento de estratexias e políticas de adaptación
do territorio ós efectos do cambio climático. Este proxecto
está financiado pola iniciativa europea INTERREG IVC.
As xornadas que se presentan son un dos eventos finais do
proxecto e con elas preténdese dar a coñecer as actividades
realizadas e os resultados acadados co mesmo.
Actualización (2012-10-24 14h26 CET): Están dispoñibles
na sección 'ligazóns e descargas relacionadas' as presentacións
da sesión do 24 de Outubro da Conferencia Final do proxecto
F:ACTS! en Santiago de Compostela.
Actualización (2012-10-25 14h31 CET): Están dispoñibles
na sección 'ligazóns e descargas relacionadas' as presentacións
da sesión do 25 de Outubro da Conferencia Final do proxecto
F:ACTS! en Santiago de Compostela.
ligazóns e descargas relacionadas:
- programa da conferencia (en inglés) [PDF, ~1,9 MB]
- páxina web para rexistrarse no evento: http://goo.gl/ps27L
- páxina web do proxecto F:ACTS!: http://www.factsproject.eu/
- presentación do proxecto F:ACTS! [PDF, ~2,1 MB]
- presentación "Climate change effects and adaptation in South West Europe" (en inglés) [PDF, ~1,8 MB]
- presentación "Forest Intervention Zone (ZIF): The experience of the municipality of Maçao" (en inglés) [PDF, ~6,9 MB]
- presentación "Linking climate change adaptation to territorial development" (en inglés) [PDF, ~2,2 MB]
- presentación "Multifunctional land management for climate change adatation" (en inglés) [PDF, ~7 MB]
- presentación "F:ACTS: Pilot project in Monte do Carrio area (Spain)" (en inglés) [PDF, ~2,3 MB]
- presentación "F:ACTS: Pilot project in de Wijers area (Netherlands)" (en inglés) [PDF, ~1,5 MB]
- presentación "F:ACTS: Pilot project in Strofylia area (Greece)" (en inglés) [PDF, ~3 MB]
- presentación "F:ACTS: Pilot project in Vouga area (Portugal)" (en inglés) [PDF, ~2,3 MB]
- presentación "Conclusions of the F:ACTS! project" (en inglés) [PDF, ~655 kB]