Enviado por laborate o ven, 02/11/2012 - 11:34 GMT.
O proxecto F:ACTS!
vén de organizar un curso de xestión de procesos de participación
pública.
O proxecto, que se centra no deseño e desenvolvemento de
estratexias territoriais integradas con especial atención
á adaptación ó cambio climático, recoñece que a participación
de tódolos axentes da área a desenvolver é un dos piares
para levar adiante ditas estratexias dun xeito sostible.
Neste contexto desenvolveuse durante os días 22, 23 e 26
de Outubro un curso intensivo no que se abordaron diversos
teóricos e prácticos sobre a participación pública e a xestión
de procesos, e no que se de formación práctica en diferentes
técnicas e estratexias.
O curso foi impartido por Esther Koopmanschap, do
Centre for Development Innovation-WUR
e por Vincent Tiel Groenestege do Dienst Landelijk Gebied,
recoñecidos expertos na materia con ampla experiencia en
diferentes contextos de planificación a nivel local, rexional
e internacional. A este curso asistiron participantes de
diferentes parceiros do proxecto F:ACTS! entre os cales
se atopaban varios membros do Laboratorio do Territorio
da USC.
Unha vez máis púxose de relevo a importancia de dotarse
de técnicas e habilidades que melloren os procesos de participación
pública, algo do que en moitas ocasións carecen os responsables
e impulsores das actuacións de planificación territorial.