Efectos de comportamentos individuais e colectivos: o proceso urbanizador

Enviado por laborate o mar, 22/01/2013 - 11:00 GMT.
image by JenWaller - http://www.flickr.com/photos/jenwaller/2778097191/

Somos todos responsables do ritmo e forma do proceso urbanizador? Só de forma colectiva ou tamén coas nosas actitudes individuais? (Charla de Edwin Buitelaar)

Edwin Buitelaar, Senior Researcher na Netherlands Environmental Assessment Agency, impartiu clases os días 15 e 16 de xaneiro de 2013, de 17:00 a 18:30 h no IBADER. A clase do mércores foi aberta a todos aqueles que desexaran asistir. Buitelaar é un dos grandes contribuidores do chamado xiro institucional en planificación, que comezou hai unha década. As súas investigacións tratan de entender os procesos de planificación desde o dereito, a economía e a socioloxía. Está interesado na teoría institucional e combina as correntes do vello e novo institucionalismo. Nestes momentos está interesado en estudar ferramentas para financiar o proceso urbanizador.

Máis información na prensa:

  • El Progreso
  • Xornal da USC
english español