Mobilizando terras

Enviado por laborate o mar, 22/01/2013 - 10:35 GMT.

No marco do proxecto de investigación Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial, impulsado pola Fundación Juana de Vega, LaboraTe-USC e Banco de Terras de Galicia-AGADER, tivo lugar en Santiago unha reunión co obxecto de coordinar as accións de diferentes actores para, a través dun proxecto piloto de carácter demostrativo, lograr mobilizar 1000 ha de superficie para uso agrario na actualidade infrautilizadas.

mobilizate - foto 1

Entre os asistentes á reunión atopábanse representantes das cooperativas Seragro, AGACA, a Fundación Juana de Vega, O Banco de Terras de Galicia-AGADER e o Laboratorio do Territorio. Todos compartiron o diagnóstico sobre a necesidade de aumentar a superficie das explotacións para reducir os custes de produción en vacún de leite.

O proxecto piloto contempla catro grandes fases: 1) identificar a demanda real de terras; 2) localizar a oferta potencial e lograr facela real; 3) asesorar ós gandeiros e establecer un plan de viabilidade empresarial, organizativo e loxístico para utilizar esa superficie, e finalmente 4) reunir o financiamento para poñer a superficies en produción.

Os asistentes consideraron interesante a proposta e conviñeron en continuar a traballar na definición do proxecto piloto. Neste sentido está previsto unha próxima reunión nos vindeiros días con agricultores demandantes de terra, onde se pretende reflexionar sobre as principais barreiras que teñen para acceder a máis superficies das que dispoñen.

english español