Presentación de LiDAR e a súa aplicación forestal

Enviado por laborate o mar, 23/07/2013 - 17:13 GMT.

O pasado 22 de Xullo Víctor González, profesor da Universidad Técnica Particular de Loja, realizóu unha presentación do traballo desenvolvido durante a súa estancia de formación e capacitación no Laboratorio do Territorio. A estancia de traballo realizouse dentro do marco del proxecto Ecuador: Territorio Inteligente. Consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da Información Xeoespacial, ECUIDIT, no que participa o LaboraTe dende o ano 2012.

Víctor González

O tema da exposición tratou sobre a tecnoloxía LiDAR e a súa aplicación forestal, centrándose nas tarifas de volumen para a especie Pinus Radiata en Galicia. As experiencias adquiridas có uso de tecnoloxía LiDAR e a súa aplicación á área forestal serán replicadas no posible en proxectos de interese en Ecuador.

english español