Seminario de planificación e sistemas de administración de terras

Enviado por admin o mér, 18/12/2013 - 13:29 GMT.

Os días 27 e 28 de novembro varias técnicas do LaboraTe e investigadores/as de Ecuador que desenvolveron unha estancia no Laboratorio do Territorio dentro do marco do Proyecto Ecuador Territorio Inteligente (Consolidación de I+D+T+i en OT y TIG) reuníronse en sendos seminarios de traballo baixo o tema «Planificación e sistemas de administración de terras».

O obxectivo do seminario foi constatar a importancia dos sistemas de información catastrais integrados e multipropósito como instrumento transversal da ordenación e planificación territorial e a súa vez, a potencialidade do traballo en rede e da transferencia dos resultados tecnolóxicos e metodolóxicos da investigación aplicada para o desenvolvemento, xestión e actualización do sistema de administración de terras rurais de Ecuador.

A enxeñeira Lorena Rosas Mena presentou o Programa del Sistema Nacional de Información y Gestión de Tierras Rurales (SIGTIERRAS) (obxectivos, misión e visión; cartografía xerada; fluxos de difusión e capacitación e problemáticas identificadas) ó resto de investigadores que desenvolven a súa actividade en distintas universidades e en distintos ámbitos da planificación (planificación urbana, avaliación de plans de ordenación, asentamentos rurais, xestión de riscos, xestión de cuencas hidrolóxicas e/ou tecnoloxías de información xeoespacial). Pola súa banda, os investigadores ecuatorianos e do LaboraTe manifestaron as múltiples aplicacións e necesidades desta información en ámbitos específicos da planificación e, ó mesmo tempo, identificáronse vías de transferencia de investigación e innovación en consonancia cás necesidades das administracións públicas para un óptimo desempeño das súas competencias. Neste caso: «a construcción dunha eficiente base de datos de terras rurais, soportada nunha moderna infraestrutura tecnolóxica, que garanta a seguridade sobre a tenencia da terra e proporcione información para a planificación do desenvolvemento nacional, a ordenación territorial, as decisiones estratéxicas para a área rural, que contribúa á soberanía alimentaria e ó incremento da productividade no agro e permita a aplicación de políticas tributarias xustas e equitativas» (Misión - SIGTIERRAS).

Durante o seminario, identificáronse as potencialidades das tecnoloxías LiDAR e SIX para traballar a escalas locais e as aplicacións e plataformas de tecnoloxías xeoespaciais no marco da e-gobernanza (acceso á información, difusión e participación cidadá) como ferramentas transversais a todos os ámbitos de planificación e, en particular, como instrumentos sinérxicos dentro da rede RIGTIG de cara ó impulso técnico, institucional e social do sistema de administración de terras rurais de Ecuador.

Ó igual que en seminarios previos, constatouse que a estancia e convivencia de investigadores de distintas disciplinas e a súa participación no Máster e/ou Programa de Doutoramento en Xestión Sostible da Terra o do Territorio desencadearon a identificación de necesidades e problemáticas comúns e a articulación de solucións e obxectivos globais aproveitando as sinerxias do grupo ou rede creados. Ó conxugar os distintos ámbitos e enfoques ampliouse a escala espacial e temporal de análise e impulsáronse propostas integradas de actuación estratéxica conxunta nun momento no que Ecuador retomou a planificación como un mecanismo indispensable para o seu desenvolvemento e no que o Plan Nacional para el Buen Vivir «fomenta as relacións interinstitucionais entre universidades, nacionais e internacionais, a fin de facilitar a movilidade e a relación no desenvolvemento das súas actividades académicas, culturais, de investigación e de vinculación coa sociedade».

english español