Defensa da Tese de Vasco André Barbosa Brandão titulada "Criterios de identificación e delimitación de asentamentos rurais: aplicación dun algoritmo como sistema de apoio á decisión no planeamento rural en Galicia, España"

Enviado por admin o mér, 22/01/2014 - 10:15 GMT.

O pasado 16 de decembro de 2013 Vasco André Barbosa Brandão, arquitecto oriúndo de Portugal, alumno da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador do grupo de investigación Laboratorio do Territorio, defendeu a súa tese de doutoramento na Escola Politécnica Superior de Lugo baixo o título de "Criterios de identificación e delimitación de asentamentos rurais: aplicación dun algoritmo como sistema de apoio á decisión no planeamento rural en Galicia, España".

A tese foi dirixida polo profesor Dr. Rafael Crecente e a profesora Dra. Inés Santé Riveira da Universidade de Santiago de Compostela e polo profesor Dr. José Ambrósio Ferreira Neto da Universidade Federal de Viçosa, Brasil. A tese propón a definición de criterios para delimitar asentamentos rurais tendo como base de estudo o territorio de Galicia. Trata de definir criterios alternativos aos que define a Lei do Solo actual 2/2010 e que sexan máis rigorosos e equitativos. A aplicación destes criterios realízase a través da aplicación dun algoritmo desenvolvido en colaboración co grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña para construír un sistema de apoio á decisión no planeamento rural de Galicia. A definición dun novo modo de abordar estes asentamentos permitiu obter resultados axeitados aos patróns espaciais e á diversidade morfolóxica que configura e caracteriza o espazo rural galego.

english español