Enviado por admin o lun, 15/12/2014 - 09:59 GMT.
                
                 
                     
                    
                        Un equipo de investigadores do Laboratorio do territorio 
                        da Universidade de Santiago de Compostela vén de facer dispoñible 
                        ao público o "Mapa dixital de capacidade produtiva dos solos 
                        de Galicia", versión dixital e a escala lixeiramente máis 
                        detallada do orixinal en papel publicado por F. Díaz-Fierros 
                        e F. Gil Sotres en 1984. Este produto cartográfico, único 
                        en Galicia polo tipo de información que contén, publícase 
                        baixo licencia Open Database License (similar á máis amplamente 
                        coñecida Creative Commons) e polo tanto permitirá a súa 
                        utilización libre por parte dos usuarios, sen máis restricións 
                        que a atribución do traballo orixinal e o uso da mesma licencia 
                        para as posibles melloras ou modificacións realizadas.
                    
                      
                    
                        Entre os potenciais usuarios da información contida neste 
                        produto inclúense non só os membros da comunidade académica 
                        senón tamén e moi especialmente a comunidade técnica implicada 
                        en procesos de ordenamento territorial, planeamento urbanístico. 
                        Nun contexto como o galego, no que só unha cuarta parte 
                        do territorio presenta solos de boa calidade para a agricultura, 
                        en boa parte ocupados por outros tipos de uso, a información 
                        dispoñible sobre a capacidade produtiva do solo resulta 
                        especialmente relevante nos procesos de planificación.
                    
                    
                        O mapa estará dispoñible para descarga por calquera usuario 
                        no sitio web do Sistema de Información Territorial da USC