Inés Santé, nova directora do Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Enviado por admin o ven, 12/06/2015 - 09:34 GMT.

Inés Santé Riveira coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Autor: Xoán Crespo      Fonte: Xunta de Galicia

A profesora Inés Santé foi nomeada o pasado venres directora do Instituto de Estudos do Territorio. Inés Santé Riveira é doutora pola Universidade de Santiago de Compostela e viña exercendo como investigadora no Laboratorio do Territorio da USC no eido da planificación urbana e do uso do solo no medio rural, así como nos sistemas de información xeográfica e nos modelos e técnicas de ordenación territorial. A nivel docente era profesora contratada doutora da área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do Departamento de Enxeñería Agroforestal.

O Instituto de Estudos do Territorio é un organismo autónomo da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e que ten entre outros cometidos a realización de estudos e actividades de planificación para avanzar cara ao equilibrio entre o mellor aproveitamento dos recursos naturais de Galicia e a correcta conservación dos elementos definitorios do país.

Dende o Laboratorio do Territorio desexámoslle moita sorte nesta nova andaina.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3427/ethel-vazquez-trasladalle-nova-directora-instituto-estudos-territorio-caracter
español