LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Resumo da xornada do pasado 30 de Outubro en Ribadeo


O pasado 30 de Outubro colaboramos co CFEA Pedro Murias de Ribadeo na organización da xornada “As posibilidades de mellora da estrutura da base territorial das explotacións como estratexia para a diminución de custos”. Nela fíxose un repaso das ferramentas empregadas por parte da administración, así como de outras máis recentes que teñen carácter piloto e que se atopan en fase de experimentación. Así, presentouse o modelo MARCOS; unha nova ferramenta informática que facilita a re-organización parcelaria das explotacións agrarias e o proxecto piloto de mobilización produtiva de terras agrarias no Val de Lemos.

A xornada, enmarcada no plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ó agro galego 2017, á que asistiron gandeiros e técnicos, serviu de punto de encontro para reflexionar sobre a base territorial actual, as expectativas de futuro, e as facilidades / dificultades para atopar unha solución válida en función das necesidades e das particularidades de cada territorio.

Agradecer a todos os asistentes e poñentes a boa disposición e participación e ó CFEA Pedro Murias de Ribadeo que nos convidara a colaborar.

 

 
Arquivos