LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Os primeiros Grupos Operativos galegos presentan os seus resultados no Campus Terra


O pasado 19 de outubro o Campus Terra organizou unha xornada de divulgación de resultados da primeira vaga de Grupos Operativos en Galicia, na que se presentaron resultados destes proxectos ó abeiro da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

O Laborate estivo presente na xornada da man de dous dos grupos operativos que se presentaron no bloque de iniciativas relacionadas coa Dixitalización no eido agrario.

O primero dos proxectos con participación da casa foi “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino”. O LaboraTe preparou para proxecto unha aplicación GIS-WEB para mellorar a xestión de xurros de porcino na comarca de Mariñas-Betanzos, minimizando as afeccións ambientais relacionadas coa sobre-aplicación dos xurros, como pode ser a contaminación de augas subterráneas e acuíferos. A partires da integración do parcelario e análises de solos e xurros, o GIS-WEB permite a localización de parcelas en boas condicións para aceptar a aplicacións de xurros como fertilizante.

O segundo grupo operativo con participación do LaboraTe foi “Deseño dunha aplicación informática para a mellora na xestión de terras da Cooperativa CUSOVIAME”. O LaboraTe colaborou no deseño dunha ferramenta que calcula automáticamente permutas de parcelas entre os gandeiros da cooperativa, atendendo, entre outros criterios, a proximidade dos predios ás explotación. Deste xeito, mediante o troco e reagrupamento de parcelas entre os socios, optimízaríase o uso das terras da cooperativa e mellóraríase a eficiencia das explotacións gandeiras.

Máis información:

Noticia Campus Terra

Asociación Europea da Innovación (AEI) 

 
Arquivos