LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Presentación de resultados preliminares da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia


O pasado día 16 de marzo o LaboraTe presentou, xunto cos outros grupos de investigación integrantes do equipo redactor da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, os resultados preliminares sobre a determinación do potencial de produción de servizos ecosistémicos no territorio galego. O acto foi presentado pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e desenvolveuse na sala Eissenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O Instituto de Estudos do Territorio (IET) é o encargado de coordinar as tarefas de elaboración das directrices nas que participan varios grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (IBADER, IDEGA, LaboraTe) e da Universidade da Coruña (CartoLab e o Dr JavierGonzález Harguindey do Depto. de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición) .

A empresa DELOGA, encargada da participación pública do proxecto, finalizou o acto coa realización dunha enquisa que supón o inicio desta fase participativa que se desenvolverá por toda Galicia nos próximos meses.