LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Universidade e axentes de cooperación. A experiencia do LaboraTe no desenvolvemento territorial


O vindeiro xoves 26 de abril o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza unha xornada sobre Cooperación para o Desenvolvemento no IDEGA. Enmarcado no actual contexto de redacción dun novo plan director, o LaboraTe busca atopar puntos en común entre os diferentes actores de cooperación, en especial entre universidades e ONGs. Ao longo da xornada tratarase de darlle resposta a preguntas como: Cales son os principais problemas aos que nos enfrontamos en cooperación? Cales son as metas comúns dos diferentes actores? Cales son as formas de colaboración posibles entre a universidade e eses actores?

Para máis información, poden chamar ao: 982 823 292.