LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Acto de entrega da III Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial


O 17 de decembro de 2020 celebrouse o acto de entrega da terceira edición Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial. Os premios, convocados pola Universidade de Santiago a través do Instituto de Biodiversidade y Desenvolvemento Rural (IBADER) e o LaboraTE (GI-1934 TB), son unha homenaxe á labor desenvolvida polo profesor Rafael Crecente Maseda. A iniciativa, orientada a mocidade titulada, busca impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia. O acto este ano celebrouse online e pudo seguirse tamén en inglés a través de Zoom.
 
O evento comenzou con unha presentación a cargo do profesor David Soto Fernández, profesor do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa intervención, titulada “Raíces agrarias da despoboación en España: Transformacións biofísicas da agricultura e desestruturación no campo español no século XX”, o profesor Soto abordou a despoboación e a historia agraria dende unha perspectiva agroecolóxica.
 
A continuación procedeuse á lectura da acta do xurado e o anuncio das propostas premiadas este ano. Nesta ocasión os dous traballos galardonados, aínda que de temáticas muy diferentes, comparten enfoque apelando á innovación para poñer en valor usos tradicionais do territorio. Os gañadores desta terceira edición foron os seguintes:

  • 1º Premio: “El paisaje del agua: uso y gestión de un bien común” por Sergio Pereira Ibáñez y Daniel Vázquez Añel.

  • 2º premio: “EcoMariñas: una propuesta de Permacultura en la Reserva de la Biosfera de las Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” por Sara Rodríguez Sánchez.


O evento terminou co anuncio da IV Convocatoria dos Premios “Rafael Crecente” cuxo plazo para recepción de propostas encontrase aberto ata o 31 de marzo de 2021. Na nova edición valoraranse entre outras cuestións a viabilidade práctica e aplicabilidade, impacto na sostibilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia e os compoñentes de innovación social, por exemplo, no ámbito da xestión da propiedade.

Máis información e enlaces de interese sobre os Premios Rafael Crecente: