LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Colaboración do LaboraTe coa Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo na aprobación definitiva do Plan Básico Municipal (PBM) do Concello do Páramo


O xoves 23 de febreiro publicouse no DOG a aprobación definitiva parcial do PBM do Concello de Páramo que tivo lugar o 13 de febreiro de 2023. O LaboraTe colaborou directamente coa DXOTU dende o inicio da súa tramitación integrando o principio de investigación-acción, desenvolvendo actividades relacionadas co estudio do medio rural e análise do modelo de asentamento poboacional, o proceso de avaliación ambiental estratéxica e elaboración de informes, documentación alfanumérica e cartografía correspondentes nas distintas etapas do proceso planificatorio.

Orde do DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230223/AnuncioG0532-150223-0002_gl.html

Nova Xunta:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/77211/xunta-aproba-plan-basico-municipal-paramo-marco-obxectivo-que-ningun-concello