LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Que vén na EIP AGRI? Listado completo de actividades e convocatorias abertas


Presentámosvos as actividades previstas para este primeiro semestre de 2026 no eido da Innovation & Knowledge Exchange | EIP-AGRI da EU CAP Network. 

Para os eventos xa pechados, convidámosvos a visitar a páxina web, onde se publicarán os informes finais. Nos eventos con inscrición aberta, animamos a todos aqueles interesados a formalizar a súa participación a través das ligazóns dispoñibles. As actividades da EIP-AGRI son promovidas pola Comisión Europea e realizadas por un equipo formado por un consorcio de diferentes organizacións de 15 países europeos. A USC, a través do LaboraTe, participa neste consorcio europeo e lidera a organización de varios dos eventos previstos.

Co obxectivo de avanzar na súa preparación, o equipo da EIP-AGRI visitou Galicia entre o 13 e o 17 de outubro de 2025, celebrando varias xuntanzas de traballo en Santiago de Compostela e Lugo. Durante a súa estancia tamén puideron coñecer o sistema AKIS galego, así como as liñas de investigación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e recibir información sobre as actividades do Campus Terra de Lugo. Os participantes visitaron tamén dous Grupos Operativos en Cervantes (OG GAyAS) e na Ribeira de Piquín (OG Forescelta), onde tamén puideron coñecer de primeira man outras actividades que se están a desenvolver neses concellos.

Finalmente a equipa da EIP-AGRI tamén asistiu á entrega dos Premios Rafael Crecente, que tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o pasado 16 de Outubro de 2025, e do que este ano se celebrou a súa VIII edición.