Hoxe asistimos a unha xornada de divulgación organizada no CIAM no marco do proxecto “Deseño dunha ferramenta para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino” (FEADER 2016/55B). Nela presentouse a ferramenta SIX WEB deseñada polo LaboraTe, encamiñada a mellorar a xestión de xurros, optimizar a fertilización das parcelas e contribuír a unha distribución axeitada, adaptada as demandas do cultivo implantado, diminuíndo así o risco de contaminación.