LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Presentación do proxecto de creación do sistema de infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña.


O vindeiro venres 27 de Outubro preséntase ás 10:00 no auditorio da Fundación Barrié da Coruña o proxecto de creación do sistema de infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña.

Este proxecto ten por obxectivo desenvolver unha rede de espazos verdes destinados a garantizar a producción de servizos ecolóxicos que melloren a calidade de vida da cidade; como son a diminución do risco de inundacións, a regulación da temperatura ou a depuración de contaminantes entre outros.  Con este proxecto, a área metropolitana da Coruña será pioneira xunto con Vitoria e Barcelona na creación de infraestrutura verdes urbanas en España.
 
O acto comezará coa benvida da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, seguido de presentacións sobre a infraestrutura verde de Vitoria, o papel da infraestrutura verde na saúde no contexto de Coruña, a estratexia de infraestrutura verde de Galicia e finalmente a presentación do proxecto de creación do sistema de infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña.
 
Arquivos