O IGE (Instituto Galego de Estatística) acaba de poñer a disposición dos usuarios as presentacións da xornada “A xeoreferenciación da información estatística en Galicia: casos prácticos”.
A ligazón para a descarga é:
http://www.ige.eu/estatico/educacion/Cursos/XornadaX.htm
O LaboraTe participou nesta xornada de traballo, que tivo lugar o luns 25 de setembro en Santiago, e foi organizada polo IGE en colaboración co GAME-IDEGA (Grupo de Análise e Modelización Económica do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia ).
Tendo en conta que actualmente a práctica totalidade das estatísticas teñen unha base territorial, o obxectivo da xornada foi presentar exemplos da integración entre ambos os tipos de información, estatística e xeográfica, co fin de mostrar a importancia e o potencial da xeorreferenciación da información estatística para unha mellor toma de decisións por parte da administración e da empresa privada.