LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Recursos formativos e oportunidades de traballo nas novas tecnoloxías agrícolas


17 docentes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo testaron o 7 de xuño do 2018 a primeira versión do portal web do proxecto ERASMUS+ SFATE.

SFATE ten por obxectivo fomentar a adopción de novas tecnoloxías na agricultura e facilitar o acceso a oportunidades de traballo asociadas a estas ferramentas. Con este fin SFATE achega información a través dun portal web sobre novas tecnoloxías, recursos formativos e oportunidades de emprego. Os contidos do portal están dirixidos a estudantes, docentes, agricultores e outros axentes. Os usuarios poderán cruzar información a través dos formularios do portal e atopar as competencias necesarias para traballar coas novas tecnoloxías en agricultura, os recursos formativos precisos para adquirir estas competencias e as oportunidades de traballo ás que se pode acceder cunhas competencias determinadas.

Os profesores que testaron o portal achegaron comentarios sobre a súa experiencia como usuarios. Estes comentarios serán utilizados para facer melloras no portal e adaptalo mellor ás necesidades dos usuarios.