LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

"A Cova" gaña o Premio "Rafael Crecente" a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial


O consello científico do IBADER acordou conceder o Premio "Rafael Crecente" a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial a Dª Eliska Fárková. A proposta gañadora, titulada "A Cova", está orientada á valorización do patrimonio etnográfico relacionado coa viticultura e o mundo do viño na comarca de Valdeorras, e a súa utilización como ferramenta de dinamización económica, social e cultural.

Actualización:

A entrega do Premio terá lugar na Casa do Saber o vindeiro xoves 27 de Xuño ás 19:00. O acto contará tamén cunha charla impartida por Xavier Simón, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.